A Nosa Filosofía

Mimicokids é unha firma de moda infantil que aposta polo deseño e a sustentabilidade. Co noso proxecto queremos contribuír a preservar os recursos naturais do noso planeta mediante a creación de coleccións éticas e conscientes.

As nosas pezas de roupa teñen un deseño sinxelo e funcional; son respectuosas co medio, as persoas e os animais. Están confeccionadas en Galicia para impulsar deste xeito o comercio local.

Empregamos unicamente fibras naturais. Algúns exemplos son o algodón orgánico e as fibras recicladas, coma o PET (poliéster proveniente da reciclaxe de botellas de plástico). Este tipo de materias axuda a reducir o consumo de auga e as emisións de gases de efecto invernadoiro, logrando así un menor impacto medioambiental.

Todos os estampados son de deseño propio e están elaborados con tinturas ecolóxicas. A nosa fonte de inspiración é Galicia: son os inmensos bosques atlánticos, o mar e os seus acantilados, os fentos que inundan a paisaxe, as floriñas silvestres e a nosa fauna.

Agarimamos cada detalle para que os nosos meniños se vistan de vida.